Caridad, La

Caridad, La

Publicación de tipo benéfico aparecida en Vigo o 1 de xaneiro de 1872 co subtítulo de “Revista semanal de ciencias, arte, literatura, teatros y salones, cuyo produto se dedica al Hospicio de Vigo”. Fundada e dirixida por Luís A. Mestre Hernández, entre os colaboradores figuraban Teodosio Vesteiro Torres e X. M. Pintos Villar. Desapareceu o 24 de abril despois de publicar 15 números.