esmola

esmola

(< lat eleemosyna < gr ἐλεημοσύνη‘piedade’)

  1. s f

    Doazón, xeralmente cartos, que se dá por caridade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando deas a esmola non toques a trompa. Cando deas esmola, se o sabe unha man que non o saiba a outra”.

    Ex: Deulle unha esmola ó pobre que estaba na porta da igrexa.

    Sinónimos: caridade.
  2. s f

    Feito de dar esmola.

    Ex: A esmola neste país non está ben vista.

    Sinónimos: caridade.

Refráns

  • Cando de as a esmola, non toques a trompa.
  • Cando deas esmola, se non o sabe unha man, que non o saiba a outra.
  • Crego moi predicadeiro non é o máis esmoleiro.
  • Non por dar unha esmola, queda un pobre.
  • O bo esmoleiro non debe ser bullangueiro nin pregoeiro.
  • Por dar unha esmola ninguén se avergoña.
  • Por unha esmola non se baleira ningunha falchoca.
  • ¡Deus pague a caridade e aumente a devoción!

Palabras veciñas

esmirrado -da | esmirrar | esmiuzar | esmola | esmoleiro -ra | esmolicado -da | esmolicar