Carino, Marco Aurelio
Carino, Marco Aurelio
Emperador romano (283-285). Derradeiro representante da dinastía dos ilirios, sucedeu o seu pai Caro no Imperio de Occidente, mentres o seu irmán Numeriano administraba o de Oriente. Trala morte do seu irmán (284), adoptou o título de Germanicus Maximus e, despois de derrotar preto de Verona o usurpador Marco Aurelio Xuliano, loitou contra Diocleciano, proclamado sucesor de Numeriano en Oriente e que non o recoñecía. Derrotouno nunha batalla á beira do río Marus (Mesia Superior), pero foi asasinado por un dos xefes do seu exército.