Cariñena

Cariñena

Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, cabeceira da comarca do Campo de Cariñena (2.852 h [1996]). Está situado no centro dunha chaira que se prolonga ata a ribeira do río Jalón. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo da vide, que abastece unha importante produción vinícola.