Carlos VI de Francia o Ben Amado

Carlos VI de Francia o Ben Amado

Rei de Francia (1380-1422), fillo e sucesor de Carlos V. Durante a súa minoría de idade o goberno foi dominado polos seus tíos, os duques Luís I de Anjou, Filipe I o Atrevido de Borgoña, Xoán de Berry e Luís II de Borbón. En 1388 asumiu persoalmente o goberno, pero en 1392 os seus tíos, entre os que se impuxo Filipe I, apartárono do poder debido aos trastornos psíquicos que padecía. Os choques entre os intereses contrapostos de Luís de Orleans, irmán de Carlos VI, e os duques de Borgoña, orixinaron os bandos inimigos dos armañacs e dos borgoñóns, que provocaron a guerra civil e o paso dos borgoñóns ao bando inglés. Despois de que Enrique V de Inglaterra gañase en Azincourt (1415) e ocupase Normandía (1417), Filipe o Bo, duque de Borgoña, obrigou a Carlos VI a asinar o Tratado de Troyes (1420), que recoñecía a Enrique V como herdeiro ao trono de Francia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso