Carlos XII de Suecia

Carlos XII de Suecia

Rei de Suecia (1697-1718), fillo de Carlos XI e de Ulrica-Leonor de Dinamarca. O dominio sueco sobre o Báltico provocou un ataque conxunto contra el da alianza de Dinamarca, Rusia e Saxonia-Polonia en 1700. Respondeu ao tripla ataque e obrigou a Federico IV de Dinamarca a firmar a Paz de Trevendal en agosto de 1700; derrotou os rusos en Narva en novembro de 1700, e os saxóns e os polacos á beira do Dvina en xullo de 1701; en 1704 fixo substituír no trono de Polonia a Augusto II por Estanislao Leszczyński; invadiu Saxonia e obrigou a Augusto II a firmar a Paz de Altranstädt (1706). Volveuse entón contra o tsar, que invadira os territorios suecos do Báltico oriental, e fracasou no intento de chegar a Moscova e, en alianza cos cosacos, foi derrotado e ferido en Poltava en xuño de 1709. Refuxiouse en Turquía, onde foi retido durante cinco anos, ata que fuxiu en 1714. Durante a súa ausencia, a situación interior e exterior de Suecia empeorou: o país perdeu o 30% da poboación masculina, o peso da guerra asfixiaba a economía e os dominios territoriais reducíronse á propia Suecia. No 1718 atacou Noruega e morreu no sitio de Frederikshald.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Estocolmo

  • Deceso

    Lugar : Frederikshald, actualmente Halden, Noruega