Carlsson, Arvid
Carlsson, Arvid
Fisiólogo sueco. Doutorouse en Medicina (1951) na Universidade de Lund, onde exerceu a docencia. En 1959 trasladouse ao departamento de Farmacoloxía da Universidade de Göteborg, onde foi nomeado profesor emérito en 1989. Centrou o seu labor investigador na transmisión nerviosa, demostrou o papel da dopamina como neurotransmisor e relacionou a súa deficiencia coa enfermidade de Parkinson, que melloraba coa administración da L-dopa (un precursor da dopamina). Tamén demostrou que os medicamentos antipsicóticos bloquean os receptores de dopamina. No ano 2000 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, compartido con P. Greengard e E. Kandel.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Uppsala