cármata
cármata
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos cármatas.
-
s
[RELIX]
Persoa que pertence á seita dos cármatas.
-
s
m pl
[RELIX]
Secta islámica xiíta derivada dunha rama do ismaelismo, orixinada en Iraq cara ao 890. O nome provén do seu líder Hamdān Qarmat, que predicaba un igualitarismo de tipo comunal cunha mellora nas condicións de vida dos traballadores. Politicamente representaba a recuperación das aspiracións lexitimistas dos descendentes de Alí, xa que acollían os inimigos do réxime abbásida. No ano 930 apoderáronse da pedra negra da Meca e ocultárona durante máis de vinte anos. Esta seita influíu nos movementos ismaelitas posteriores, especialmente nos fatimitas do norte de África. Os cármatas fundaron diversas bases no Iemen, Siria e Bahrain.