Carnac
Carnac
[bretón: Karnag] Localidade do departamento de Morbihan, na Bretaña francesa, (4.243 h [1990]). Destaca polos seus monumentos megalíticos (os máis antigos do ano 3000 a C), especialmente polos aliñamentos de menhires, entre os que sobresaen tres conxuntos principais: Ménec, Kermario e Kerlescan. O primeiro dispón de 1.099 menhires dispostos en once ringleiras de máis de 1.100 m de lonxitude por 100 m de anchura, e no seu extremo érguese un gran crómlech con mámoas polo medio.