carnación

carnación

(< carne)

  1. s f

    Cor da carne, especialmente da humana.

    Ex: Debes pintar o corpo humano cunha carnación máis rosada.

  2. s f [PINT]

    Cor que imita a da pel viva nas figuras humanas das representacións pitóricas ou nas tallas policromadas.

  3. s f [HERÁLD]

    Esmalte neutro ou cor natural, non heráldica, co que se representan nos escudos as partes denudas do corpo humano.

Palabras veciñas

Carmontelle | carnabaza | Carnac | carnación | carnada | carnal | carnalidade