Carnot, Lazare Nicolas Marguerite
Político e militar francés. Coñecido como o Gran Carnot, no 1791 foi elixido deputado da Asemblea Lexislativa e despois da Convención. En 1793 foi nomeado membro do Comité de Salvación Pública e dirixiu as operacións militares encamiñadas a salvar a Revolución das coalicións das potencias europeas. Durante o Directorio, do que foi elixido membro no 1795, opúxose a Barras e tivo que marchar ao exilio no ano 1797. Foi ministro de Guerra no 1800, pero durante o Imperio amosouse contrario ao poder persoal de Napoleón e dedicouse aos estudios matemáticos. En 1814, ante a inminente invasión de Francia, púxose ao servizo de Napoleón e defendeu Anveres. Foi ministro do Interior durante os Cen Días pero, coa chegada da Restauración, tivo que abandonar o país. Morreu no exilio. Escribiu Géométrie de position (Xeometría de posición, 1803) e De la défense des places fortes (Da defensa das prazas fortes, 1810).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nolay, Borgoña -
Deceso
Lugar : Magdeburg, Prusia