Caro, Anthony
Caro, Anthony
Escultor inglés. Formouse na Royal Academy de Londres e foi axudante de Henry Moore (1951-1953). Profesor na Saint Martin School de Londres (1953-1979), defendeu unha posición renovadora que se afirmou na súa obra despois da súa estancia en 1959 nos EE UU. Alí recibiu a influencia de David Smith, Kenneth Noland e doutros artistas. A plena abstracción, próxima á minimal art, que caracteriza a súa obra, parte do encaixe e da manipulación de refugallos. Entre as súas obras cómpre destacar Unha mañá cedo (1962) e Lonxe.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : New Malden, Surrey