carón

carón
  1. s m

    Casca esfarelada do gran moído e separada da fariña.

    Ex: Bota un pouco de carón na comida do porco antes de levarlla.

    Sinónimos: farelo, relón.
  2. s m

    Parte da castaña que se pode comer.

    Ex: Deixa ferver o caldo ata que se desfagan un pouco os caróns.

  3. s m

    Corazón da pataca ou parte que queda despois de lle sacar os anacos con ollos para sementar.

    Ex: Aproveitaron os caróns das patacas para dárllelos ó gando.

    Sinónimos: carozo.

Palabras veciñas

Carolinxio, Imperio | carolo | caroloxía | carón | carón de, a | carón, a | Carón, A