Carón, A
Carón, A
Grupo de expresión plástica, formado por pintores como Xoti de Luís e Alberto Álvarez Carpo e poetas como Ánxeles Penas, xunto con algúns fotógrafos. Nacido na Coruña, na década dos setenta, intentou mostrar o momento sociopolítico que se vivía no país. A súa primeira manifestación foi unha exposición colectiva de pinturas na librería-sala Lume, para máis tarde realizar un happening na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, no que a pintura feita cara ao público tentaba provocar nos espectadores a actividade espontánea.