Caron, Leslie

Caron, Leslie

Actriz cinematográfica. Formouse en danza e música e actuou no ballet dos Campos Elíseos. Descuberta por Gene Kelly, debutou en An American in Paris (Un americano en París, 1951), de V. Minnelli, co que tamén traballou en Gigi (1958). Interpretou tamén os filmes: Guns of Darkness (Ó final da noite, 1962), L’homme qui aimait les femmes (O home que amaba as mulleres, 1976), Damage (Ferida, 1992) e Let it be me (Deixa que sexa eu, 1996). Conseguiu unha nominación ao Oscar polo seu papel no filme Lili (1953).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París