Caroní
Caroní
Río de Venezuela, afluente do Orinoco pola marxe dereita (925 km). Nace nos contrafortes occidentais do monte Roraima, na serra Pacaraima, e desemboca en Puerto Ordaz. Nos últimos 150 km o seu caudal e desnivel aumentan e forman os chamados Saltos do Caroní. Este río non é navegable na maior parte do seu percorrido.