caroteno

caroteno

(< fr carotène < frcarotte ‘cenoria’)

s m [BIOQ]

Hidrocarburos carotenoides amplamente distribuídos na natureza, nas especies vexetais e animais, que poden actuar como provitaminas A e ser transformados en vitamina A na parede intestinal en presenza de ácidos biliares e de graxas. Os carotenos principais son: o α-caroteno, o β-caroteno (ou carotina), o γ-caroteno e o licopeno. O α-caroteno é unha substancia vermella escura que contén, a nivel molecular, unha cadea de dobres enlaces conxugados unida a un grupo terminal β-ionona e a un α-ionona. No organismo dá lugar a unha soa molécula de vitamina A por molécula de caroteno e é antecesor das xantofilas luteína e flavoxantina. O β-caroteno, de cor vermella escura, é o máis importante como precursor de vitamina A, e del derivan as xantofilas criptoxantina, zeaxantina, astacina, violoxantina, rodoxantina, etc; coñecido tamén como carotina, extráese da cenoria e emprégase como colorante amarelo para produtos alimentarios. O γ-caroteno, de cor vermella violácea, é o máis raro dos carotenos, ten un só grupo de β-ionona e dá lugar a unha soa molécula de caroteno da que derivan a xantofila e a rubixantina.

Palabras veciñas

Caronte | Caronte | Carossa, Hans | caroteno | carotenoide | carotenoproteido | carótida