carotenoide
carotenoide
(< caroteno)
adx e s
m
[BIOQ]
Pigmentos de cor amarela, laranxa ou avermellada que se atopan na fracción lipídica insaponificable dos extractos de animais, vexetais e microorganismos que poden ser considerados derivados do licopeno. Tamén se denominan provitaminas A, porque teñen un papel importante como antecesores das vitaminas A. Forman parte dos pigmentos visuais e dos pigmentos do leite. Atópanse tamén en cloroplastos, ovos e excrecencias epidérmicas de aves e artrópodos, e en determinados tecidos de animais mariños. Segundo conteñan ou non osíxeno na molécula divídense en dous grandes grupos: xantofilas e carotenos.