Caroza Teatro

Caroza Teatro
[ESPECT]

Compañía fundada no ano 1992 en Narón, que se mantivo como afeccionada ata o ano 1995, no que se pasa ao campo profesional. Entre os seus espectáculos, caracterizados por ser de creación colectiva, destacan: O paxaro bobo? (1992), Limpos e cosidos (1992), Xoga, xogando (1993), A hora de Evaristo Freire (I Premio no Certame Teatro Xuventude 93); Os trasnos da biblioteca (1994); Sursum corda (1995); Chopi e Peco (1996); Cento voando (1997); Desjraciados (1998); Os Palleiros. Desjraciados (1999) e Oh! Que facer cando xa sei quen son? (1999).

Palabras veciñas

carouquexas | carouxo | caroza | Caroza Teatro | carozo | carpa | carpaccio*