carpaccio*
carpaccio*
s
m
[ALIM]
Preparación culinaria elaborada con rebandas moi finas de carne de vacún cru e servidas frías cunha salsa feita con aceite de oliva, zume de limón, sal, pementa e, en orixe, trufas brancas do Piemonte, habitualmente substituídas por champiñóns fileteados, acompañada de láminas moi delgadas de queixo parmesano. Ideada por Giuseppe Cipriani, propietario do Harry´s Bar de Venecia, foi bautizada co nome do pintor renacentista veneciano. Este termo aplícase tamén a este tipo de preparación efectuada sobre outras materias primas como diversas carnes, peixes (salmón e atún) e mesmo cogomelos.