Carrara
Carrara
Familia do condado de Padua, citada xa no 1027, que no s XII logrou un importante dominio localizado en Carrara. Este dominio pasou a Padua no s XIII, onde se estableceu a familia. Desde 1318, ano en que Jacopo de Carrara foi elixido capitán xeneral de Padua, os Carrara controlaron o goberno da cidade. Francesco I de Carrara (?-1393), coñecido como il Vecchio (1355-1388), e o seu fillo, Francesco II de Carrara (?-1406), chamado Novello (1388-1405), loitaron contra os Visconti e a República de Venecia. Con estas loitas extinguiuse a rama principal da liñaxe.