carrasca
(
-
s
f
[PLANTA]
Árbore que, pertencendo a distintas especies, presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras, de pequeno porte.
Sinónimos: carrasco. -
s
f
[PLANTA]
Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha apariencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.
Sinónimos: carrasco. -
s
f
[PROTISTA]
Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.
-
carrasca de san Xoán
[PLANTA]
Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos. En Galicia están presentes as especies: H. foetidum, de ata 100 cm de altura, coñecida comunmente como falsa árnica e que vive naturalizada en beiras de estradas e lugares secos, moi fedorenta e orixinaria de Sudáfrica; H. picardi, de ata 35 cm de alto, vive nas areas da beiramar; H. stoechas, de ata 60 cm de altura e propia de lugares secos; O. maritimus, de ata 40 cm de altura e totalmente recuberta dunha lanuxe branca que a protexe das duras condicións, como a alta insolación, desecación ou acción abrasiva do vento cargado de area, propias das dunas e praias nas que vive.
Frases feitas
-
Ten (alguén) un carrasco entre as pernas. Aplícase a quen anda moi escarranchado.