Carraxo
Carraxo
Río afluente do Támega pola esquerda. Nace na parroquia homónima do concello de Laza. O seu curso adopta unha dirección NO-SL por onde penetra na parroquia de Castro de Laza, para desembocar no lugar de Soutelo Verde.