carrelo

carrelo

(< carreiro)

  1. s m

    Parte posterior do corpo humano comprendida entre os ombros e a cintura.

    Sinónimos: lombo.
  2. s m

    Parte posterior do corpo dos animais situada entre o pescozo e os cadrís.

    Sinónimos: lombo.
  3. s m

    Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto das persoas e dos demais animais vertebrados.

    Sinónimos: aranguelo, carriñouzo, cernizo, cerrizo, espiñazo, arelo.
  4. s m

    Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘corpo’.

Frases feitas

  • De carrelo. Tendido coas costas cara a arriba.

  • Ó carrelo. Sobre o lombo. SIN: ás costas, ao lombo.