Carreró Vargas, Antón
Militar. Logo de licenciarse na Academia de Infantería de Toledo foi enviado a África. Á súa volta destinárono a Murcia e posteriormente a Vigo como capitán do rexemento de Infantería. O 20 de xullo de 1936 participou activamente na sublevación da guarnición de Vigo ao proclamar nun bando, lido na Porta do Sol, o estado de guerra. No transcurso da súa lectura morreron vinte persoas e cincuenta resultaron feridas. Foi o responsable da represión desatada na área de Vigo (Lavadores, Cabral, O Calvario, Teis, etc) que durou ata o día 26 de xullo e que causou numerosas víctimas civís. Tamén dirixiu a represión en Tui, onde resistían os agraristas, os grupos próximos á CNT e á Fronte Popular, leais á República. Logo das súas actuacións en Galicia foi destinado á fronte asturiana, onde morreu.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : Peñaflor, Oviedo