Carrington, Leonora

Carrington, Leonora

Pintora inglesa. Estudiou debuxo e pintura na academia de Amédée Ozefant en 1936 e, ao ano seguinte, coñeceu a Max Ernst, quen a introduciu no círculo dos surrealistas de París e con quen colaborou na escenografía de Ubu Roi (1938), de Alfred Jarry. En 1938 expuxo cos surrealistas en París e Amsterdam. En 1943 coñeceu o mecenas Edward James. Dende aquela, e logo dunha estancia en Nova York e Chicago (1985 e 1988), viviu en Ciudad de México, onde desenvolveu unha actividade pictórica encadrada no surrealismo. Cara ao 1941 colaborou coas publicacións View e VVV. Entre as súas obras destacan Autorretrato (1938), The Meal of Lord Candlestick (A comida de lord Candlestick, 1938), Pain Chant (Canto de sufrimento, 1947), Kabala (Cábala, 1960) e Labyrinth (Laberinto, 1991). Escribiu os contos fantásticos La dame ovale (A dama oval, 1939), a novela curta Little Francis (A pequena Francis, 1937) e a autobiográfica Down Below (Memoria de abaixo, 1940). Realizou a escenografía da súa obra Penélope (1945-1946).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Clayton, Lancashire

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México