Carrío
Carrío
Río afluente do Deza pola esquerda. Nace na parroquia de Losón, no concello de Lalín. O seu curso adopta unha direccción xeral L-O, aínda que dentro dela varía alternativamente adaptándose á tectónica. Serve de límite entre as parroquias de Losón (concello de Lalín) e Bodaño (concello da Vila de Cruces) e despois volve penetrar na parroquia de Losón, que abandona preto da súa desembocadura, ao entrar no concello da Vila de Cruces. Neste último treito delimita as parroquias de Fontao, ao N, e San Pedro de Losón, ao S, ata a fronteira coa parroquia de Saídres, no concello de Silleda.