Carrión, Batalla de
Carrión, Batalla de
Contenda que tivo lugar (1113-1114) en Carrión de los Condes (Palencia), na que o exército dos partidarios de dona Urraca e do seu fillo, Afonso VII o Emperador, derrotou o exército de Afonso I de Aragón o Batallador. O enfrontamento tivo a súa orixe na coroación de Afonso VII o Emperador como rei de Galicia no ano 1110, co que diminuían as posibilidades de Afonso I de Aragón de unificar na súa persoa as coroas de Castela e Aragón, como xa intentara ao casar con dona Urraca, filla de Afonso VI.