Carrión de los Céspedes
Carrión de los Céspedes
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Huelva (2.257 h [1996]). Baña o termo o río Cavallón. Ten unha produción agrícola mediterránea baseada nos cereais, na oliveira e na viña. Pertenceu á orde de Calatrava ata o s XVI.