Carro Fernández-Valmayor, Antonio

Carro Fernández-Valmayor, Antonio

Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña