Carson, Rachel Louise

Carson, Rachel Louise

Bióloga e conservacionista norteamericana. Traballou no US Fish and Wildlife Service entre 1936 e 1952, como encargada de dirixir o servizo de publicacións. Os seus libros Under the Sea-Wind (Baixo o vento mariño,1941); The Sea Around Us (O mar ao noso redor, 1951); The Edge of the Sea (O límite do mar, 1955) e Silent Spring (Primavera silenciosa, 1962), foron premiados e traducidos, caracterízanse pola combinación de rigor científico e un coidado estilo literario. A súa obra, que tratou a problemática ambiental do planeta, constituíu un dos alicerces do movemento ecoloxista.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Springdale, Pennsylvania

  • Deceso

    Lugar : Silver Spring, Maryland