Cartafol, O
Cartafol, O
[PUBLIC]
Boletín informativo editado a partir de febreiro de 1992 polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de “difundir información sobre a lingua e servir de nexo entre os membros da comunidade universitaria”. Coordinado polo director do departamento de normalización, Manuel Singala, trata temas e iniciativas relacionadas co proceso de normalización da lingua galega no ámbito universitario. Inclúe entrevistas e cadros estatísticos sobre competencia lingüística, amais de ilustracións de Xaquín Marín. Despois dunha primeira etapa como boletín independente, pasou a integrarse a partir do número 15 dentro do xornal da Universidade de Santiago de Compostela, USC, en abril de 1997.