cartilaxe
(
-
s
f
[BIOL]
Tecido de sostemento modelado, chamado tamén tecido cartilaxinoso. De orixe mesodérmica, é resistente, elástico e deformable. Está constituído por condrocitos (células cartilaxinosas) e por unha substancia intercelular formada por fibras coláxenas e por un cemento amorfo. Carece de vasos sanguíneos, polo que ten unha escasa actividade metabólica. Existen tres variedades: a cartilaxe hialina, que no ser humano forma unha gran parte do esqueleto embrionario, o revestimento das superficies articulares do adulto, as cartilaxes costais e a maior parte dos elementos que forman o esqueleto das vías respiratorias; a fibrocartilaxe, que forma os discos intervertebrais, a sínfise púbica e algunhas partes dos labros articulares e dos meniscos; e a cartilaxe elástica, que forma a orella externa, a trompa de Eustaquio, a epiglote, as pequenas cartilaxes da larinxe e as cartilaxes máis pequenas dos bronquios.
-
s
f
[ANAT]
Calquera das pezas formadas por tecido cartilaxinoso.