cartilla
(
-
[EDUC]
-
s
f
Libro no que se aprende a ler as primeiras letras do alfabeto.
Ex: Esta cartilla ten as letras moi pequenas.
-
cartilla agrícola
Documento creado dentro do marco de reformas normativas impulsadas cara á metade do s XIX, nun clima de cambios moderados e de constitución do sistema educativo liberal español. Nese momento, os gobernantes sentiron a conveniencia de que os escolares tivesen coñecementos racionais de agricultura para mellorar tecnicamente as producións agrarias e garantir así uns mellores rendementos. Así, no 1848 ditouse un Real Decreto para a elaboración dun Catecismo de Agricultura e duns Elementos de Agricultura española destinados a uso escolar. Aprobouse o texto de Alejandro Oliván, Manual de Agricultura, que se comezou a utilizar nas escolas como tal cartilla agrícola a partir de 1849; os seus contidos comezaron a formar parte dos programas das escolas elementais completas ata que desapareceron en 1901. Con todo, en 1909 unha real orde animaba os mestres a que ensinasen nocións de agricultura aos seus alumnos. Por este motivo, apareceron abondosas cartillas agrícolas ou manuais de agricultura para o servicio escolar primario. Xurdiron tamén diversos manuais de agricultura para alumnos de bacharelato, algúns editados en Galicia e elaborados por profesores galegos, aínda que seguindo regularmente unha pauta estatal que non reflectía a particularidade dos problemas e dos recursos da agricultura en Galicia. Á súa beira desenvolvéronse tamén algunhas singulares experiencias didácticas relacionadas co ensino da agricultura, en boa parte estudiadas por Narciso de Gabriel Fernández.
-
s
f
-
-
s
f
Caderno onde se anotan datos persoais.
-
cartilla de aforros
Caderno no que se anotan as entradas e saídas de diñeiro dunha conta bancaria que unha persoa realiza coa intención de levar o seu control.
-
cartilla de racionamento
Libriño no que se establece a distribución de produtos básicos entre a poboación en períodos de escaseza ou conflito.
-
s
f
Frases feitas
-
cartilla militar Documento persoal dos soldados que realizan o servizo militar no que consta a filiación e outros datos referentes a destinos, ascensos e arrestos, desde o momento da chegada ata que se licencian.
-
Lerlle a alguén a cartilla. Reprender unha persoa. 4