2 cartismo
2 cartismo
(
s
m
[HIST]
Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. O dirixente máis destacado foi Feargus O’Connor. En 1838 presentou no Parlamento a People’s Charter que reclamaba, entre outras cuestións, o sufraxio universal, o voto secreto e a limitación das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou. En 1842, e posteriormente en 1848, presentaron unha segunda e terceira petición que tampouco prosperaron.