cartomancia
cartomancia
(
s
f
[ESOT]
Práctica baseada na interpretación do azar por medio das cartas de xogo e que consiste no prognóstico, emitido polo adiviño, dos feitos futuros concernentes a unha persoa. Empréganse as cartas ordinarias ou as simbólicas, chamadas do tarot. No primeiro caso, o adiviño identifica o consultor cunha figura do xogo tendo en conta a súa idade, o sexo e outras características persoais, e extrae, por un procedemento variable, as cartas que dan soporte á predición.