cartón

cartón

(

  1. s m

    Material ríxido, máis groso có papel ordinario, que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras. Sométese a tratamentos diversos segundo o uso ao que vaia destinado; así, existe o cartón embreado (impermeable), o cartón de amianto (illante térmico e eléctrico), etc.

  2. s m

    Recipiente feito de cartón que serve para conter distintos produtos.

    Ex: Comprou un cartón de leite na tenda. Mandoulle traer un cartón de tabaco das Canarias.

    1. s m

      Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      Ex: Perdín o cartón identificativo e non puiden entrar na sala de conferencias.

      Sinónimos: tarxeta.
    2. cartón de crédito

      Tarxeta provista dunha banda magnética que serve para efectuar operacións financeiras sen necesidade de posuír cartos en efectivo, que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa.

    3. cartón de visita

      Cartón pequeno onde figura o nome, o enderezo, o teléfono, a profesión, ou outros datos e que se usa como sinal de visita ou para indicar a residencia.

  3. [DEP]
    1. s m

      Anaco de papel ou cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas disciplinas deportivas, especialmente en deportes de oposición por equipos, empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      Sinónimos: tarxeta. Confrontacións: sanción.
    2. cartón amarelo

      Indicativo da amoestación disciplinaria contra un xogador ou técnico por incorrer nalgún tipo de conduta antirregulamentaria ou antideportiva. Emprégase en determinadas disciplinas deportivas como o fútbol, o balonmán, etc.

    3. cartón azul

      Tarxeta que indica no fútbol sala unha sanción de dous minutos coa que se sanciona a un xogador que cometeu algunha infracción.

    4. cartón vermello

      Elemento co que se indica a descualificación ou expulsión dun xogador ou técnico que cometeu algunha acción antirregulamentaria ou antideportiva grave, ou que reincidiu en actitudes polas que fora previamente amoestado.

  4. s m [PINT]
    1. Cartón convenientemente preparado por medio da imprimación utilizado como soporte pitórico, especialmente en técnicas ao óleo ou de pastel en obras de medidas reducidas. Entre os pintores que empregaron este soporte destacan Toulouse-Lautrec, Bonnard e Vuillard.

    2. Debuxo preparatorio efectuado co mesmo tamaño que a obra definitiva, cando é necesario executar unha pintura ao fresco, en cabalete, cerámica, tapicería, vidrería e mosaicos.

  5. s m [ARTE]

    Motivo ornamental en forma de folla de acanto que se coloca na clave do arco. OBS: A forma diminutiva cartonciño designa ademais a voluta que decora o capitel corintio.

  6. s m [COMUN]

    Folla de cartón forrada con papel branco ou negro e de diferentes dimensións, utilizada para pegar nela bosquexos de anuncios ou viñetas para presentacións a clientes.

  7. s m [METROL]

    Medida empregada polos pescadores que equivale á cuarta parte de algo.

  8. s m [TÉXT]

    Cada unha das placas de madeira ou cartón que, debidamente perforadas e dispostas en forma de cadea continua, constitúen o debuxo que nas máquinas de lizos fai que os ganchos no seu desprazamento poidan ou non alzar os lizos para formar o calado. Na máquina jacquard e noutras derivadas selecciona as agullas que teñen que actuar en cada pasada.

  9. s m pl [XOGO]

    Divertimento popular tradicional que consiste en facer un cadrado na terra onde se van poñendo caixas de mistos baleiras. Unha vez colocadas, os xogadores disparan con gomas, especialmente as das caixas dos zapatos, ata conseguir que saian do cadrado. Se un xogador falla, tira o seguinte e gaña o que bote máis caixas fóra.

  10. s m

    Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa o material onde se realiza o picado.

  11. cartón de fusada [TÉXT]

    Tubo cónico de cartón sobre o que se enrola o fío producido e que serve de alma á fusada, evitando que o fío se enlee ao arrincala do fuso, ao transportala ou ao debandala.

  12. cartón pedra

    Material feito de pasta de papel e algún outro compoñente que, unha vez seco, adquire gran dureza, empregado frecuentemente para simular, no teatro e no cine, certo tipo de escenarios.

Frases feitas

  • De cartón pedra. Aplícase ao que resulta falso e artificial.

Palabras veciñas

cartomancia | cartomántico -ca | cartometría | cartón | cartonaxe | cartoné | cartoteca