cartucho
(< ital cartoccio < latcharta ‘carta’)
-
-
s
m
[BÉL]
Envoltura cilíndrica de cartón, metal, plástico ou outro material que contén unha cantidade determinada de substancia explosiva.
-
s
m
[BÉL]
Conxunto inseparable de vaíña e bala empregado nas armas lixeiras e automáticas; na artillería coñécese como proxectil ou munición.
-
s
m
Recipiente cilíndrico que contén tinta, empregado como recambio nalgunhas plumas estilográficas.
Ex: Comprei un cartucho de tinta negra para a pluma que me regalaches.
-
s
m
Elemento substituíble dalgunhas impresoras, faxes ou fotocopiadoras que contén o tóner ou as tintas necesarias para imprimir documentos en papel, transparencias, acetatos, etc. Algúns conteñen tamén outras partes que son susceptibles de desgaste, como o tambor electrofotográfico, e ao substituír o cartucho cámbianse unha gran cantidade de elementos internos da impresora láser.
-
s
m
[IMAX]
Envase compacto e opaco que aloxa unha cinta electromagnética capaz de gravar e reproducir textos, imaxes e sons.
-
s
m
[TECNOL]
Recipiente cilíndrico ou ovado, de diámetro comprendido xeralmente entre 25 e 52 mm e cunha lonxitude entre 75 e 210 mm, empregado para o transporte pneumático de pequenos materiais.
-
s
m
[TECNOL]
Elemento recambiable dun cortacircuítos de fusible que consiste nunha cuberta illadora cilíndrica ou prismática que ten no seu interior o fío ou elemento fusible; adoita estar cheo dun material illante (area, líquido, etc) que apaga o arco ao fundirse o fío. Ten dous contactos metálicos nos extremos que serven para fixar o cartucho ao soporte e establecer a conexión eléctrica.
-
s
m
[INFORM]
Parte interna extraíble dun ordenador, normalmente pequena e contida nunha caixa de plástico, que pode almacenar datos.
-
cartucho filtrante
[QUÍM]
Envoltura cilíndrica pechada por unha base feita de celulosa purificada e empregada en traballos de laboratorio, especialmente en procesos de extracción. Colócase dentro do cartucho filtrante a substancia que se quere extraer, e este sométese ao paso reiterado de disolvente nun aparello extractor de Soxhlet.
-
s
m
[BÉL]
-
-
s
m
Bolsa feita de papel, xeralmente de forma cilíndrica, que serve para conter doces, froitas ou outros alimentos semellantes.
Ex: Comeu un cartucho de castañas.
-
s
m
Moedas dunha mesma clase ou cantidade envoltas cun anaco de papel.
Ex: Foi ó banco buscar un cartucho de pesos.
-
s
m
-
s
m
[HIST/ARTE]
Disco circular ou oval, recordo do disco solar, que envolvía o nome do faraón exipcio cunha escritura xeroglífica.
-
s
m
[HERÁLD]
Elemento ornamental arquitectónico consistente nun marco esculpido con rizos e volutas, de forma xeralmente oval, que envolve un escudo.
-
cartucho de fontes
Dispositivo adaptable a unha impresora láser ou a outros tipos determinados de impresoras que conteñen fontes adicionais en chips ROM.
Frases feitas
-
Queimar o último/derradeiro cartucho. Intentar algunha cousa por última vez.