Caruaru

Caruaru

Cidade do estado de Pernambuco, Brasil, drenada polo río Ipojuca, a 120 km ao O de Recife (137.636 h [1980]). Importante núcleo de comunicacións, constitúe un dos centros comerciais máis destacados do interior do estado. Predominan as facendas e as plantacións de cultivos tropicais.