casa de la Troya, La

casa de la Troya, La
[IMAX]

Adaptación cinematográfica da obra de Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, que contou coa colaboración de Manuel Noriega para o guión e a dirección, e con J. Gaspar, A. Macasoli e A. Arroyo para a fotografía. Desenvolve as aventuras de Gerardo Roquer, o rapaz protagonista a quen o seu pai enviou a estudar a Santiago para afastalo das tentacións de Madrid, e dos seus amigos e compañeiros de pensión. Posteriormente se realizaron novas adaptacións: a segunda delas, sonora, foi dirixida en 1936 por Juan Vila Vilamala e Adolfo Aznar. En 1930, a   novela deu pé á rodaxe da película norteamericana In Gay Madrid (No alegre Madrid), dirixida por Z. Leonard e protagonizada por Ramón Novarro e Dorothy Jordan, que traslada a acción á capital. Dezasete anos despois, unha coprodución hispano-mexicana   reconstruíu as rúas compostelás nos estudios, baixo a dirección de Carlos Orellana. En 1959, Rafael Gil realizou unha nova produción española, a primeira en cor, protagonizada por Arturo Fernández e Ana Esmeralda.