Casa Grande, pazo de

Casa Grande, pazo de

Construción pacega, situada no centro urbano da Pobra de Trives, erixida a mediados do s XVII por Antonio Pérez Mercero. Trátase dun edificio dotado dun patio central ao que se abren as principais dependencias do conxunto. A fachada principal con cadeirado e balconadas seguidas conserva un brasón no eixe central que se relaciona coas armas dos Domínguez, Gayoso, Quiroga e Losada. No interior existe unha pequena capela baixo a advocación da Virxe do Carme na que destaca a presenza dun retablo barroco do s XVIII.