casado -da
(< 1 casar)
-
p reg
de casar.
-
adx e s
Que ou quen contraeu matrimonio. Na tradición oral recóllense ditos como: “A casada ben composta queita o seu home doutra porta. A que non ten sogra nin cuñada, esa é a ben casada. Casada, de vós din mal: que digan que xa calarán, ou xa cansarán. Casado por amores, casado con dores. Casado sen leito é como casa sen teito. O casado casa quer, e o solteiro quer muller”.
Ex: Afonso, o fillo casado da María, xuntouse con Helena. Os casados xogaron un partido de fútbol contra os solteiros.
-
adx
Aplícase á persoa que mantén unha relación de parella estable.
Ex: Leva moitos anos casado, aínda que non pasaron pola vicaría nin polo xulgado.
-
adx
Aplícase á persoa que cambiou os seus hábitos de solteiro polos de casado.
Ex: Xa non anda de esmorga polas noites e leva unha vida de casado.