Casado
Casado
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían a condición de teren muller, para diferencialos doutros cos que compartían o mesmo nome e apelido, pero que estaban solteiros. Documéntase no s XII: “Petro Casado” (doc ano 1159 en P. Loscertales de García de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 290). Na época medieval tamén se atesta en feminino aplicado a mulleres: “Maria Casada” (doc ano 1487 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 236).