Buyse, Raymond
Psicólogo e pedagogo belga. Foi profesor de pedagoxía experimental nas universidades de Bogotá e Louvain, e director do Laboratorio de Pedagoxía Experimental. Ademais foi colaborador de Ovide Decroly no Laboratorio de Psicotecnia Escolar do Instituto de Estudios Superiores de Bélxica. Ambos os dous publicaron La pratique des tests mentaux (A práctica dos tests psíquicos, 1928), onde se recollen as principais investigacións sobre o tema realizadas en EE UU e Europa. Está considerado como un dos promotores en Europa da pedagoxía científica e universitaria. Entre as súas obras destacan Les applications américaines de la psychologie à l’organisation humaine et à l’éducation (As aplicacións americanas da psicoloxía á organización humana e á educación, 1923), La pédagogie universitaire (A pedagoxía universitaria, 1924), Éléments de pédagogie quantitative (Elementos de pedagoxía cuantitativa, 1928) e L’expérimentation en pédagogie (A experimentación en pedagoxía, 1935), obra fundamental na evolución da psicopedagoxía.
Cronología
-
Nacemento