calixe

calixe

(< lat calīgĭne‘néboa, tebras, escuridade’)

  1. s f [METEOR]

    Opacidade leve de capas inferiores da atmosfera producida por partículas de voaxa, sal ou fume, que diminúen a visibilidade. Prodúcese, sobre todo, en zonas desérticas e bosques, debido á acumulación de pole, e nas grandes cidades como consecuencia da contaminación.

  2. calixe óptica [METEOR]

    Néboa óptica pouco intensa.

  3. [PAT]

    catarata.