cáliz
(< lat calix -ĭcis
-
s
m
-
aso, xeralmente provisto de asas e de pé, feito de diversas materias como arxila, metal ou vidro, que a miúdo vai decorado ou traballado. Apareceu no Calcolítico en Sicilia e Grecia.
-
[RELIX]
Copa, tradicionalmente de metal precioso e traballada artisticamente, usada para conter o viño na celebración eucarística. Cara á fin do s IV xa consta a existencia de cálices de metais preciosos e pedrería. Nos primeiros séculos, ademais do cálice do celebrante (calix ministerialis), había un cáliz para os fieis (calix ordinarius).
-
-
[ANAT]
-
s
m
Órgano ou cavidade en forma de cáliz.
-
cáliz renal
Infundíbulo da pelve renal no que se proxectan as pirámides de Malpighi a través das papilas renais.
-
s
m
-
s
m
[BOT]
Conxunto de sépalos dunha flor que constitúen o periantio externo e que, xunto cos pétalos, conforman o tipo heteroclamídeo nas plantas anxiospermas. Os pétalos poden aparecer libres nos cálices corisépalos ou soldados, agás no extremo, e orixinan dentes, lóbulos ou lacinias nos cálices gamosépalos.