cáliz

cáliz

(< lat calix -ĭcis

  1. s m
    1. aso, xeralmente provisto de asas e de pé, feito de diversas materias como arxila, metal ou vidro, que a miúdo vai decorado ou traballado. Apareceu no Calcolítico en Sicilia e Grecia.

    2. [RELIX]

      Copa, tradicionalmente de metal precioso e traballada artisticamente, usada para conter o viño na celebración eucarística. Cara á fin do s IV xa consta a existencia de cálices de metais preciosos e pedrería. Nos primeiros séculos, ademais do cálice do celebrante (calix ministerialis), había un cáliz para os fieis (calix ordinarius).

  2. [ANAT]
    1. s m

      Órgano ou cavidade en forma de cáliz.

    2. cáliz renal

      Infundíbulo da pelve renal no que se proxectan as pirámides de Malpighi a través das papilas renais.

  3. s m [BOT]

    Conxunto de sépalos dunha flor que constitúen o periantio externo e que, xunto cos pétalos, conforman o tipo heteroclamídeo nas plantas anxiospermas. Os pétalos poden aparecer libres nos cálices corisépalos ou soldados, agás no extremo, e orixinan dentes, lóbulos ou lacinias nos cálices gamosépalos.

Palabras veciñas

calixe | calixinoso -sa | calixtino -na | cáliz | Calla | callada | callado -da