Calla

Calla
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas da familia das aráceas, perennes, provistas de rizomas e de follas grosas e ovais. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata curta e elíptica. Medran nas marismas do centro de América do Norte e cultívanse tamén en xardinería.