Carlos Casares

Carlos Casares

Municipio da provincia de Bos Aires, Arxentina (20.126 h [1991]). Recibe o nome do gobernador electo da provincia que foi responsable da súa fundación na segunda metade do s XIX. Situado a 260 km ao SO de Bos Aires, á beira da liña do ferrocarril e da estrada que conducen a La Pampa, converteuse nun centro estratéxico para a exportación dos produtos agrícolas e gandeiros da rexión. Ademais, as vantaxes que lle proporciona esta boa accesibilidade con respecto á urbe bonaerense, permitíronlle desenvolver un diversificado tecido industrial, favorecido pola creación en 1962 dun parque empresarial no que se elaboran, entre outros, fariñas, produtos lácteos, calzado e curtidos, confección, produtos químicos, ferramentas e mobles.