Casanova González, María Dolores
Cantante. Coñecida como Ana Kiro, comezou a súa traxectoria profesional en Barcelona aos catorce anos participando en concursos de radio. Inicialmente cultivou a canción española e José Guardiola contratouna para actuar por todo Levante. Actuou en distintos festivais musicais e acadou varios premios; fixo, ademais, teatro con Mari Santpere e Belter. En 1969 participou en varios programas de Galas del Sábado para Televisión Española, feito que impulsou a súa carreira musical. Realizou numerosas actuacións por España, Holanda, Suíza, Alemaña e finalmente estableceuse en Galicia. Entre 1996 e 1997 presentou na TVG o programa Toda unha vida e, posteriormente na mesma cadea televisiva, Tardes con Ana. Filla Predilecta de Arzúa, recibiu o Botón de Ouro da Irmandade Galega de Caracas, a Medalla de Ouro Ano Xacobeo da televisión arxentina e o Percebe de prata 1999.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castañeda, Arzúa -
Deceso
Lugar : Oleiros